O lanzamento de PC Fútbol 8 poderÃa realizarse esta semana
luns, 4 de maio do 2026
A longa historia do PC Fútbol 8, tÃtulo que terÃa que terse lanzado o 30 de abril de 2024, e que xa daquela espertara a desconfianza de persoas como o creador de contido VirtuaNEStor, está a piques de escribir un novo capÃtulo da súa historia, cunha nova data de lanzamento para esta mesma semana, aÃnda que tras innumerables adiamentos en 2024 e en 2025 resulta bastante difÃcil crer as novas promesas de Héctor Prats, responsable de Una Partida Más.
Nun comunicado enviado aos patrocinadores do xogo por correo electrónico Prats comprométese a renovar a páxina web oficial do xogo (que xa está operativa), a enviar copias de avaliación a prensa acreditada o vindeiro mércores pola mañá, a remitir copias dixitais aos patrocinadores o mesmo dÃa pola tarde e a lanzar o xogo para o público xeral o xoves a partir das 9:00 horas.
Hoxe mesmo Prats completou a información cun novo comunicado, dando conta da apertura dun sistema de reserva para facerse co xogo de xeito anticipado por 35,95 euros (o prezo a partir do xoves serÃa de 39,95 euros).
Aseguran que o xogo chegará ao mercado cun manager e cun simulador 3D xogable, 16 paÃses, máis de 700 clubs e a posibilidade de crear novos equipos, cunha base de datos dende a tempada 2005-06. Pero non deixan de ser promesas nunha páxina web, pois polo momento o xogo carece non só de versións de proba pública ou de que fosen probadas pola prensa especializada, senón que nin sequera existe un tráiler ou un vÃdeo cun gameplay, á vez que as contas oficiais en X e YouTube do xogo levan sen publicar contido dende 2024, o que fai que a credibilidade deste proxecto continúa a ser algo a coller con pinzas (especialmente se na propia páxina web do proxecto ousan afirmar que dentro de 7 meses lanzarán PC Fútbol 9).
ACTUALIZACIÓN (6-5-2026): Para sorpresa para ninguén, cando chegou o momento no que os mecenas tiñas que recibir unha copia de PC Fútbol 8, publÃcase un novo comunicado no que se asegura que adÃan o lanzamento 24 horas para «reforzar a autenticación do xogo».
Comentan que a infraestrutura da web está a recibir pequenos ataques, o que non serÃa o motivo do retraso do lanzamento, senón a preocupación de que poida racharse a protección do xogo ante copias non autorizadas.
Curiosamente indican explicitamente que non estamos ante o inicio dunha cadea de adiamentos continuos como aconteceu varias veces nos últimos 2 anos.
Aseguran que este xoves o xogo será entregado á prensa ás 10:00 horas, durante a tarde chegará aos mecenas e a quen mercase o xogo anticipadamente estes dÃas e, finalmente, sairÃa á venda de xeito xeral o vindeiro venres, coa matización de que este lanzamento dependerÃa de se non acontecen incidencias nas primeiras 24 horas (o que pon en cuestión o rigor de tal anuncio).
ACTUALIZACIÓN (7-5-2026): Como era de prever, chegado o xoves anúnciase un novo adiamento do lanzamento de PC Fútbol 8, indicando desta volta que o venres pola tarde se darán máis detalles, dando a entender que o lanzamento non terá lugar, como moi cedo, o vindeiro luns.
