O lanzamento europeo da PS4 eleva o número de unidades vendidas ata os 2,1 millóns
martes, 3 de decembro do 2013

- Primeiros usuarios españois da PlayStation 4
O pasado venres veu a luz en Europa a PlayStation 4,
completando a fase inicial do lanzamento da nova consola doméstica de Sony, que
xa chegou aos EE.UU. hai un par de semanas, de xeito que xa está dispoñible en
32 países de todo o mundo e conseguindo bater unha nova marca para a compañía
ao conseguir
vender 2,1 millóns de consolas, demostrando a confianza dos afeccionados
pola marca PlayStation e a impaciencia de moitos usuarios por entrar na nova
xeración de consolas de videoxogos.
Un detalle curioso do lanzamento global da nova PlayStation é que, en vez de
estrearse no mercado asiático, chega antes a Occidente, non
comercializándose no Xapón ata o 22 de febreiro, data na que é de agardar
que o volume de vendas sexa realmente importante, pois nese mercado a
penetración da consola de Microsoft nos fogares é anecdótica.
Probar a PlayStation 4 en Galicia

Para que o público coñeza en primeira persoa as posibilidades da nova PS4, Sony está a desenvolver unha campaña na que instan aos xogadores a achegarse a distintos puntos de venda nos que teñen unidades de proba para poder experimentar coa potente consola, sumándose a esta iniciativa as os establecemento de El Corte Inglés en Vigo e A Coruña (neste último caso, o establecemento da rúa Ramón y Cajal), de Hipercor en Santiago de Compostela e a tenda GAME de Narón (no Centro Comercial Odeón).

- Sony dispuxo puntos de proba da PS4 por toda a xeografía española
