O late night de Conan O’Brien gravarase cun smartphone

luns, 23 de marzo do 2020 Marcus Fernández

Os medios de comunicación están a xogar un rol crucial á hora de concienciar á poboación sobre o confinamento doméstico para evitar o espallamento do COVID-19, e un dos que está a ser máis activo ao respecto é Conan O’Brien, que estes días está a compartir vídeos domésticos e a aconsellar aos cidadáns quedar na casa, consello co que será consecuente, xa que anuncia que o seu popular late night talk show volverá o vindeiro día 30, adiantándose aos seus competidores (xa que os programas neste formato cesaron emisións nos EE.UU.) xa que optará por gravar o programa dende o seu fogar cun iPhone, á vez que realizará as entrevistas cos seus convidados a través de Skype.
Son moitas as celebridades que están a crear contidos para a Internet, mantendo así o contacto coa súa audiencia, pero o feito de que un late night vaia producirse e gravarse integramente con ferramentas propias do teletraballo en vez de empregar recursos tradicionais suporá todo un fito para a televisión, iniciando mecánicas de traballo que poderían ter impacto a longo prazo.

Vídeo no que O’Brien amosa o baleiras que están as rúas por mor da corentena

PUBLICIDADE