O lector de libros electrónicos eSlick chega a España a un prezo desorbitado
venres, 22 de maio do 2009
Cando vemos os prezos dalgúns produtos no momento do seu lanzamento podemos
percibir falsamente o que custará ao chegar ao mercado español, e como grande
exemplo temos ao lector de libros electrónicos eSlick, anunciado hai medio
ano, e que tiña un valor de 229,9 dólares (o que naquel momento equivalía a
162,59 euros) e agora chega
a España a 329 euros, o que é máis do dobre do prezo inicialmente anunciado
(que ao final tampouco foi tal nos EE.UU., onde terá un prezo de lanzamento de
259,99 dólares, e un prezo habitual de 299,99 dólares, aínda que pedilo dende España neste momento sae a uns 205 euros).
O eSlick é un lector de libros electrónicos cunha pantalla de 6 polgadas cunha
resolución de 600 x 800 píxeles e 4 niveis de gris, que mide 18,8 x 11,8 x 1
centímetros, pesa 180 gramos e a súa batería achégalle unha autonomía
suficiente para ler unhas 8.000 páxinas. Conta con 128 Mb de almacenamento
interno, lectro de tarxetas SD de ata 4 Gb (inclúe unha de 2 Gb) e capaz de ler documentos
PDF e TXT, así como de reproducir música en MP3.