O litio e as súas posibilidades para a nosa industria tecnolóxica centra hoxe unha mesa redonda virtual

xoves, 15 de abril do 2021 S. P.

A consultora galega Ferreira Dapía Tech Consultant and Events e máis o Club Empresarial e Executivo de Galicia (CEEG) organizan este 15 de abril unha mesa redonda virtual sobre os novos compoñentes do material electrónico e as baterías e as oportunidades que se abren con eles para a nosa industria. A mesa, que se pode seguir a través de Youtube (a canle da consultora), celébrase a partir das das 18.00 horas baixo o epígrafe Por que o litio é o ouro branco ao que Galicia non pode renunciar?
Participarán expertos que explicarán a importancia do dito mineral para os nosos sectores máis avanzados: Pablo Núñez, delegado en Galicia do ICOG (Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos de España), Luis Miguel Varela, departamento de Partículas Físicas da Facultade de Física de Santiago de Compostela, Luis Moreno, director xeral do CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e Sonia Pazos, responsábel de relacións inter-gubernamentais do Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía (ILN). Modera: José Antonio Ferreira Dapía, director de Tech4Fleet e socio da consultora tecnolóxica Ferreira Dapía Tech Consultant & Events.

PUBLICIDADE