O mans libres Motopure H12 mestura calidade, comodidade e deseño
mércores, 7 de novembro do 2007
Motorola levou ó SIMO o
seu novo man libres, o Motopure
H12, que combina un atractivo deseño coa tecnoloxÃa CrystalTalk, que
emprega dous micrófonos para separar
a voz do usuario do ruÃdo ambiental e do vento, realzando a voz e facéndoa
máis clara, o que ata o momento só facÃan dispositivos de alta gama.
Esta mans libres Bluetooth ten unha autonomÃa de 5,5 horas de conversa e 200
horas en espera, pesa só 12
gramos e se
venderá a finais de ano a uns 100 euros.