O micrófono Zoom iQ5 converte o iPhone nunha gravadora profesional
venres, 24 de xaneiro do 2014
Para
converter un iPhone, un iPod Touch ou un iPad nunha gravadora sonora
profesional temos agora o novo micrófono
Zoom iQ5, que ten un tamaño o suficientemente compacto como para levalo no
peto e pode colocarse no conector Lightning dos últimos dispositivos móbiles de
Apple asà como empregalos en combinación cunha aplicación de balde de Zoom
(sendo compatible tamén con aplicacións como GarageBand) que facilita a
realización de gravacións tanto nun formato sen compresión (para unha elevada
calidade sonora) como en AAC (para sacrificar pouco espazo de almacenamento
coas nosas gravación).
O Zoom iQ5 pesa só 30,5 gramos, pode rexistrar audio a 44,1 kHz a 16 bits, ten
control de ganancia (e limitador para evitar a saturación en contornos moi
ruidosos), permite a monitorización directa do micrófono mediante auriculares,
e incluso permite a captura en 3 modos: Mid-side (para unha gravación sinxela),
90 graos (para gravar un son individual) e 120 graos (para conseguir unha
captura máis ampla, collendo tamén son de ambiente e reverberación). Tamén é
posible é posible gravar os datos brutos rexistrados polo micrófono central e
lateral integrando neste dispositivo, para poder axustar o ángulo de gravación
estéreo entre 30 e 150 graos na aplicación de Zoom para iOS.
Este accesorio para dispositivos iOS con conector Lightning pode atoparse nas tendas a
un prezo de 98 euros (podendo adquirirse en cor negra ou branca).
- O micrófono Zoom iQ5 permite realizar gravación de calidade dende dispositivos con iOS
VÃdeo de presentación do micrófono Zoom iQ5