O móbil de Trump non podÃa ser máis falso
xoves, 21 de agosto do 2025

- Asà anunciaban o T1 Phone a semana pasada
Cando a familia Trump anunciou en xuño o proxecto Trump Mobile, facendo saltar todas as alarmas ante o que semellaba un calote ante a promesa dun smartphone fabricado nos EE.UU. que venderÃan por 499 dólares. Tendo en conta que o smartphone con máis compoñentes fabricados nos EE.UU. é o Liberty Phone, que ten un prezo de 1.999 dólares, e segue a contar con elementos fabricados na China e en Corea do Sur, estaba claro que a cousa non cheiraba ben.
Ante as numerosas sospeitas que se Ãan facendo públicas, a páxina web de Trump Mobile eliminou a promesa do smartphone fabricado nos EE.UU., e agora a historia vólvese aÃnda máis surrealista, xa que o anuncio da apertura de reservas do T1 Phone inclúe unha imaxe do suposto móbil que serÃa diferente á difundida anteriormente (e mesmo da compartida en redes a semana pasada) correspondendo realmente a unha montaxe fotográfica cutre dun Samsung Galaxy S25 Ultra.

- O suposto T1 Phone de Trump Mobile publicitado é un mal retoque fotográfico dun teléfono de Samsung
O retoque fotográfico serÃa tan malo que no traballo de edición para dar ao dispositivo un acabado dourado e inserir un logotipo imitando a bandeira dos EE.UU. esqueceron eliminar os restos do logotipo da marca da funda que leva o móbil (Spigen), o que levou á compañÃa a responder en X cunha especie de «pero que carallo?!».
En calquera caso, as especificacións do T1 Phone continúan a ser un misterio, descoñécese o seu aspecto, e dados os detalles que se achegaron inicialmente podemos supoñer que finalmente o produto será un móbil chinés valorado en pouco máis de 150 dólares, vendido por Trump Mobile ao triplo do seu prezo de venda ao público ordinario.
