O modelo 5630 XpressMusic de Nokia porase á venda o vindeiro luns
venres, 17 de abril do 2009
O Nokia 5630
XpressMusic, do que falamos recentemente na nosa web
con motivo da súa presentación (non oficial), xa se poderá reservar a partir do
vindeiro luns 20 de abril na tenda en liña de Nokia, por un prezo que ronda os
229€.
Este terminal, que os seus fabricantes definen como “un dos máis agardados do mercado”,
pertence á gama baixa/media da nova liña de Nokia, máis conta cun reprodutor de
música de gama alta cunha boa calidade de audio e doado acceso grazas ás “teclas dedicadas”, cas que acceder
directamente á música e aos vídeos.
Asemade, o modelo achega unha memoria de 4 XB, que permite
almacenar ata 3.000 cancións e que é ampliable ata 16 XB coa tarxeta de memoria
microSD; tamén é compatible con tódolos formatos principais de música dixital e
conta cunha saída de audio de 3,5
mm.
Asemade, grazas á nova e innovadora función Say and Play, controlada por voz, o
usuario só ten que dicir o nome do seu artista ou canción favorita para que o móbil
a reproduza automáticamente ao momento.
Este modelo de Nokia tamén ofrece unha óptima navegación por
Internet, grazas á banda larga móbil de alta velocidade (HSUPA) e á
conectividade WiFi, que permite incluse acceder dende o terminal ás redes
sociais en Internet.
A tenda en liña da compañía ofrece un amplo catálogo de
terminais e accesorios con máis de 300 produtos que permiten sacarlle o máximo
rendemento a este ou a outros teléfonos
Nokia.