O modelo Qwen-Image-Edit poderÃa rivalizar con Photoshop en edición de imaxes
martes, 19 de agosto do 2025

- PedÃmoslle a Qwen-Image-Edit que mudase a figura de Mafalda da exposición no PALEXCO por outra máis acaÃda ao nome do autor e o resultado impresiona
Alibaba acaba de dar un paso de xigante no terreo da edición de imaxe con intelixencia artificial coa presentación por parte do seu equipo de investigación de Qwen do modelo aberto Qwen-Image-Edit, que promete rivalizar con Adobe Photoshop ao permitir modificar fotografÃas e ilustracións simplemente escribindo instrucións en texto, con resultados en cuestión de segundos.
Baseado en Qwen-Image, o modelo de 20.000 millóns de parámetros especializado en xeración de imaxes e representación de texto, Qwen-Image-Edit amplÃa esas capacidades cara á edición avanzada. Permite tanto transformacións semánticas (como converter unha foto en estilo Studio Ghibli, rotar obxectos ou crear versións LEGO dunha cidade) como cambios de detalle máis finos, por exemplo eliminar un fÃo de cabelo, engadir un cartel cun reflexo en auga ou corrixir caracteres nunha peza de caligrafÃa chinesa.
Un dos puntos fortes está na edición bilingüe de texto, mantendo fonte, estilo e proporcións en inglés e chinés. Isto abre aplicacións en deseño publicitario, personalización de carteis, moda ou mesmo conservación cultural a través da corrección de caligrafÃas tradicionais.
O modelo xa se pode empregar en Qwen Chat, Hugging Face, ModelScope, GitHub e a través da API de Alibaba Cloud, baixo licenza aberta Apache 2.0. Isto significa que empresas e desenvolvedores poden descargalo e instalalo nos seus propios servidores ou nubes virtuais sen custo de licenza, reducindo gastos fronte a solucións propietarias. A API na nube ten un prezo de 0,045 dólares por imaxe, con 100 edicións gratuÃtas durante os primeiros 180 dÃas.
Con esta aposta, Alibaba reduce as barreiras da creación visual, unindo a potencia creativa dos grandes modelos coa precisión que demandan os procesos profesionais.
