O modelo de pagamento ou consentimento de Meta está contra as cordas en Europa
luns, 22 de xullo do 2024
Hai poucas semanas a Comisión Europea anunciou que entendÃa que Meta incumprÃa a Lei de Mercados Dixitais co seu modelo de pagamento ou consentimento que forzaba aos usuarios a consentir o tratamento dos seus datos se querÃan acceder a Facebook ou a Instagram sen ter que pagar, cando a lexislación obriga a que exista unha alternativa aos servizos cun menor nivel de personalización sen facer unha captación de datos persoais non autorizada.
Afondando nesta liña a Rede de Cooperación para a Protección dos Consumidores (CPC) enviou hoxe unha carta a raÃz da preocupación de que o modelo de pagamento ou consentimento de Meta puidera infrinxir a lexislación da UE en materia de protección dos consumidores. A Comisión coordinou esta acción, dirixida pola Dirección Xeral francesa de Competencia, Consumo e Prevención de Fraudes.
As autoridades de protección dos consumidores avaliaron varios elementos que poderÃan constituÃr prácticas enganosas ou agresivas, en particular se Meta proporcionou previamente aos consumidores información veraz, clara e suficiente. Analizaron se esta información permitÃa aos consumidores comprender as implicacións da súa decisión de pagar ou aceptar o tratamento dos seus datos persoais con fins comerciais nos seus dereitos como consumidores. Ademais, as autoridades CPC amosan a súa preocupación pola posible exposición de moitos consumidores a presións indebidas para elixir rapidamente entre os dous modelos, por temor a perder inmediatamente o acceso ás súas contas e á súa rede de contactos.
Esta acción coordinada pola rede CPC contra Meta súmase a outros procedementos nacionais e da UE en curso relacionados co mesmo modelo. A acción de hoxe céntrase especificamente na avaliación das prácticas de Meta en virtude do Dereito da UE en materia de protección dos consumidores e é distinta das investigacións en curso contra a empresa por parte da Comisión polo seu modelo de pagamento ou consentimento, a solicitude formal de información da Comisión en virtude da Lei de Servizos Dixitais e a avaliación por parte da Comisión de Protección de Datos irlandesa en virtude do Regulamento Xeral de Protección de Datos.
As autoridades de CPC identificaron varias prácticas no contexto da despregadura por parte de Meta do seu novo modelo de negocio que suscitan preocupación e poderÃan considerarse desleais e contrarias á Directiva sobre as prácticas comerciais desleais e á Directiva sobre cláusulas contratuais abusivas:
– Inducir a erro aos consumidores utilizando o termo gratuÃto, cando Meta esixe que os usuarios que non desexen pagar a subscrición acepten que Meta poida obter ingresos polo uso dos seus datos persoais para mostrarlles anuncios personalizados;
– Confundir aos usuarios obrigándoos a navegar a través de diferentes pantallas da aplicación ou a versión web de Facebook/Instagram e a que fagan clic en ligazóns que os dirixan a diferentes partes das condicións de servizo ou da polÃtica de privacidade para coñecer como Meta utilizará as súas preferencias, os seus datos persoais e os datos xerados polos usuarios para mostrarlles anuncios personalizados;
– Utilizar termos e linguaxe imprecisos, como a túa información para referirse aos datos persoais dos consumidores ou suxerir que os consumidores que decidan pagar non verán ningún anuncio, cando si que poderÃan seguir vendo anuncios cando interactúen con contidos compartidos a través de Facebook ou Instagram por outros membros da plataforma;
– Presionar aos consumidores que sempre utilizaron Facebook/Instagram de forma gratuÃta e para os que Facebook/Instagram adoitan constituÃr unha parte significativa das súas vidas e interaccións sociais para que tomen unha decisión inmediata, sen darlles un aviso previo, tempo suficiente e unha oportunidade real de avaliar de que maneira esta elección poderÃa afectar á súa relación contractual con Meta, ao non permitirlles acceder ás súas contas antes de tomar unha decisión.
Meta ten agora até o 1 de setembro de 2024 para responder á carta da rede CPC e a Comisión e propoñer solucións. Se Meta non adoptara as medidas necesarias para disipar as preocupacións xurdidas, as autoridades de CPC poden decidir adoptar medidas coercitivas, incluÃdas sancións.