O modo Salvar el mundo de Fortnite abandona o acceso anticipado

martes, 30 de xuño do 2020 Marcus Fernández

O xogo Fortnite leva preto de 3 anos dando guerra, estando o seu modo Salvar el mundo en acceso anticipado dende entón, e finalmente decidiron abandonar tal etiqueta, de xeito que que era o modo principal do xogo muda de estado pero sen deixar de ser unha experiencia premium, ou sexa, que quen queira gozar do xogo clásico terá que pasar por caixa.
Que o modo de xogo orixinal de Fortnite deixe o acceso anticipado indica basicamente que xa é un modo oficial e que reducirá o ritmo de incorporación de novo contido, detalle polo que compensarán aos fundadores que pagasen polo modo con distintas recompensas en función da súa contribución ao xogo.
Pero iso non quere dicir que Epic Games reduza os seus esforzos para manter vivo Fortnite, senón que iniciarán outra nova grande característica chamada Aventuras, que será unha nova excursión que durará toda a tempada e que terá lugar nunha zona con modificadores únicos e novos aos que enfrontarse. Cada tempada de Aventuras inclúe un camiño de continua progresión de niveis de tempada que subir.
A superación de desafíos en Aventuras traducirase en experiencia que impactará no nivel de dificultade, nas armas que se atoparán e nas recompensas que se obteñan.

PUBLICIDADE