O multimillonario Carl Icahn presiona para que Yahoo! acepte a oferta de compra de Microsoft
xoves, 15 de maio do 2008
O rexeitamento de Yahoo! a aceptar a oferta de compra de Microsoft non
pareceu agradar ao financeiro Carl Icahn, que está
a loitar pola reconsideración de tal decisión que cualifica de irracional, pois os 33 dólares por
acción ofrecidos por Microsoft superaban a calquera outra alternativa coa que
podÃa contar Yahoo!. Lembremos que Icahn posúe o 3,5% do buscador, e adquiriu
as súas participacións a 25 dólares cada unha, polo que a venda das mesmas a
Microsoft suporÃa un beneficio rápido bastante importante.
Pero as accións de Icahn poderÃan chegar tarde, pois dende
Microsoft aseguran ter pasado páxina, aÃnda que todo apunta a que o
último capÃtulo de este libro aÃnda tardará en escribirse.