O navegador web Dia estrea subscrición de pagamento
venres, 8 de agosto do 2025
The Browser Company, compañÃa coñecida polo navegador web Arc, que hai un par de meses reformulou a súa proposta de revolución do xeito explorar a web co navegador web Dia, potenciado polo uso da intelixencia artificial para conseguir unha experiencia de uso moito máis produtiva, vese agora arrastrada a unha das tendencias do sector da IA: subscricións de pagamento para poder gozar completamente o seu servizo.
AÃnda que as limitacións do plan de balde do navegador Dia non están ben definidas, quen desexe realizar un uso intensivo de Dia deberÃa optar por contratar Dia Pro, que por 20 dólares/mes ofrece unha versión desbloqueada do novo navegador web que, polo momento, só está dispoñible para macOS mediante acceso anticipado (prevese que tamén vaia contar con versión para Windows).
Dia é un navegador cun desenvolvemento moi dinámico, incorporando novidades a bastante velocidade, construÃndo asà unha ferramenta de grande utilidade, pero que sorprende por adiantarse aos seus competidores máis directos na estrea do seu plan de pagamento.
Lembremos que, por exemplo, o Modo Copilot do Microsoft Edge, que ofrece unha experiencia comparable á de Dia, presentouse como unha experiencia de balde por tempo limitado, dando a entender que os servizos que tirar proveito de funcións de IA non poden ofrecerse completamente de balde, xa que o seu consumo de recursos de cómputo é moi importante.
Actualmente tamén Perplexity, Opera e Google están a traballar en navegadores web que integran IA, reavivando unha competición que parecÃa ter rematado coa dominancia de Google Chrome, e que coa emerxencia da intelixencia artificial chega tamén unha oportunidade para redebuxar o mercado.
