O novo Call of Duty chegará o 10 de novembro
martes, 8 de agosto do 2023
A franquÃa de
xogos bélicos de Activision, Call of
Duty, parece querer ir sobre seguro este ano, e vén de publicar un
vÃdeo de adianto para anunciar que a súa vindeira entrega será Call of Duty:
Modern Warfare III e a súa data de lanzamento queda fixada no vindeiro 10
de novembro.
Temos asà que o novo xogo seguirá os eventos dos dous anteriores Modern
Warfare, e vez de explorar tempos pasados ou futuros como chegaron a facer outros
anos.
AÃnda que os anteriores Modern Warfare viron a luz a finais de outubro, esta
entrega farase agardar até novembro, probablemente para dar tempo a consolidar
a compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft, que está previsto que
se peche a mediados de outubro. Deste xeito Call of Duty: Modern Warfare III
serÃa o primeiro tÃtulo da serie publicado baixo o control do estudio por parte
de Microsoft, o que poderÃa afectar no xeito no que chegará ao público, xa que
polo momento non se coñece a estratexia que a compañÃa seguirá con estes grandes
xogos con respecto aos seus servizos de subscrición, existindo o rumor de que
os xogos de Activision Blizzard non estarán dispoñibles dentro do Xbox Game
Pass básico, senón que requirirÃan a subscrición Xbox Game Pass Ultimate.
VÃdeo de adianto do novo xogo de Call of Duty