O novo Echo Show 10 xírase automaticamente para seguir ao usuario
xoves, 28 de xaneiro do 2021
Hai uns
meses Amazon presentou un produto moi interesante, o novo
Echo Show 10, que nesta terceira xeración da pantalla de 10 polgadas co
asistente Alexa destaca por unha novidade moi atractiva: o movemento. Esta
pantalla conectada de Amazon está robotizada, de xeito que cando esteamos a
facer unha videoconferencia coa súa cámara frontal de 13 Mpíxeles o produto
xira automaticamente para manter centrado ao usuario na imaxe, o que pode
resultar moi cómodo, sendo posible gozar desta prestación tamén durante a
visualización de contidos (de xeito que se nos movemos pola habitación non perdemos
de vista a pantalla).
Aínda que este produto, que terá un prezo de 249,99 euros, aínda non ten data
de lanzamento confirmada en España, semella que iso vai mudar en breve, pois nos
EE.UU. veñen de fixar a saída do produto no 25 de febreiro.
O Echo Show 10 é probablemente o dispositivo con Alexa máis axeitado para a súa
colocación na cociña, xa que conta con funcións que poden axudar a seguir
receitas ou xestionar a listaxe da compra, á vez que achega contidos
audiovisuais de distintos servizos (Amazon Prime Video, Netflix, RTVE, Antena 3
Noticias...) e tamén é unha boa ferramenta de comunicación, permitindo
videoconferencias coa aplicación de Alexa, outros dispositivos Echo Show e incluso
Skype. E para os máis preocupados polas súa intimidade conta cun mecanismo para
tapar a cámara e un botón para desactivar os micrófonos.