O novo Invizimals chega ás tendas
venres, 31 de outubro do 2014
A grande franquÃa de xogos de realidade aumentada da
española Novarama para consolas portátiles de Sony, Invizimals, conta por fin cunha nova entrega, Invizimals: La Resistencia, que dende
hoxe pode atoparse en tendas para que os usuarios de PS Vita poidan xogar a
capturar a máis de 150 criaturas, das que 50 son totalmente novas. O xogo pode
atoparse solto en tendas a un prezo de 29,99 euros (mentres que en
formato descargable podemos mercalo por só 24,99 euros) aÃnda que tamén
está dispoñible nunha edición especial que custa 39,99 euros e inclúe as
figuras de Tigersharl, Icelion e Uberjackal e 3 tarxetas de realidade aumentada
para descargar 3 criaturas exclusivas.
Tamén é posible atopar en tendas unha versión da consola PS Vita que inclúe
unha tarxeta de memoria de 8 Gb e códigos de descarga de Invizimals: La Resistencia e Los
Muppets: Aventura de PelÃcula a un prezo recomendado de 209,99 euros.
Este novo xogo de Invizimals sitúa ao
xogador nunha situación na que o cuartel xeral da Alianza de Cazadores foi
atacado polo exército de robots Xtractors, polo que haberá que unirse á
Resistencia e reagrupar aos Cinco Campións e invocar ao Precursor para poder
solucionar o enredo.
Anuncio televisivo de Invizimals: La Resistencia
