O novo MacBook será o primeiro portátil en apostar polo USB-C
luns, 9 de marzo do 2015
Apple
atopou un grande momento para presentar o seu novo portátil: o evento
para dar conta do detalles do lanzamento do Apple Watch. Cando o público
estaba impaciente por coñecer os pormenores do reloxo de Apple, a compañÃa
sorprendeuno co que poderÃa ser o ordenador portátil con máis novidades
presentado pola compañÃa até o momento, marcando o punto de partida para
tecnoloxÃas ás que nos afaremos nos vindeiros meses.
AsÃ, o novo MacBook serÃa o
primeiro ordenador portátil do mercado en apostar por un porto USB-C, que serÃa
o único conector co que contarÃa o equipo, servindo para cargar a súa baterÃa,
transferir datos, conectar dispositivos externos e incluso como saÃda de vÃdeo,
grande aposta que ningún outro fabricante se atreveu a facer até o momento. O
equipo tamén sorprendeu cun novo deseño de baterÃas por capas, o que permite
que aproveite ao máximo o espazo dispoñible no interior dun portátil que teñan
formas redondeadas, conseguindo casar asà unha boa autonomÃa cun deseño
elegante.
O novo MacBook ofrécese só con pantalla Retina de 12 polgadas (cunha resolución
de 2.304 x 1.440 pÃxeles, ou sexa, cunha relación de aspecto de 16:10), estrea
un mecanismo de teclado (coñecido como de
bolboreta) que consegue unha maior precisión e un grosor un 40% máis
delgado, o seu trackpad de grande tamaño integra Force Touch (tecnoloxÃa que
identifica a forza coa que se preme sobre a súa superficie táctil, de xeito que
dispararÃa distintas accións cun toque normal que cun toque forte, á vez que
tamén contarÃa cun mecanismo háptico
que achegarÃa unha resposta palpable ás pulsacións), cada tecla do equipo
integra retroiluminación de seu, funciona cun procesador Intel Core M de quinta
xeración cun consumo de só 5 watts, e o primeiro portátil de Apple que funciona
sen ventilador para refrixerarse e cun corpo totalmente de metal que ofrecerase
en tres acabados distintos (ouro, prata e gris espacial).
Este equipo de só 0,92 quilogramos de peso e 0,35-1,31 centÃmetros de grosor
goza dunha autonomÃa de até 9 horas, pode configurarse con almacenamento flash
de até 512 GB, inclúe 8 GB de RAM, funciona cunha gráfica Intel HD 5300, inclúe
conectividade Wi-Fi AC e Bluetooth 4.1 e venderase a un prezo de 1.449 euros
con 256 GB de memoria flash e 1.799 euros con 512 GB de almacenamento flash.
Estamos ante un equipo deseñado claramente para un mundo sen cables, que sorprende
en parte por situarse nun rango de prezos entre o MacBook Air e o MacBook Pro,
pero nun formato demasiado semellante ao MacBook Air, equipo ao que non
consegue superar na meirande parte de apartados (agás na resolución de pantalla
e a portabilidade), o que pode lembrar ás primeiras versións de MacBook Air (que
apostaban máis pola innovación que por ser mellores que outros equipos sobre o
papel).
Estes novos ordenadores chegarán ás tendas o 10 de abril.
- O deseño interno do novo MacBook potencia a autonomÃa e reduce o ruÃdo eliminando o ventilador interno
VÃdeo de presentación do novo MacBook