O novo Museo do Videoxogo abre as súas portas o 10 de setembro
martes, 30 de agosto do 2022
A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia vén de anunciar a
apertura dun novo Museo do Videoxogo en Cangas
do Morrazo o vindeiro 10 de setembro. Trátase dun espazo completamente novo,
sete veces máis grande que o anterior, que conta con coleccións renovadas e con
representantes de tódalas tipoloxÃas de sistemas que conforman a historia do
videoxogo. Dende máquinas recreativas, pasando por videoconsolas, portátiles e
dispositivos bidirecccionales, ata unha selección dos tÃtulos máis influentes
da historia do medio. Un lugar con decenas de pezas para tocar, experimentar e
xogar.
Con capacidade para máis de 100 persoas e amplas exposicións
cambiantes sobre o medio, este centro de preservación contará con aulas e áreas
de divulgación, que posibilitarán o desenvolvemento de proxectos no campo do
videoxogo e que transcenderán ao ámbito nacional.
Compromiso coa industria galega
O MUVI manterá a súa entrada semanal de balde e redobrará o
seu compromiso coa industria de Galicia, contando agora con zonas exclusivas de
preservación e divulgación especificamente dedicadas.
Espazos galegos, nos que se conserva e expón de xeito
interactivo o patrimonio cultural galego do sector, o seu corpus artÃstico:, o
total dos videoxogos comerciais dos últimos 25 anos e documentación sobre os
autores, centros de ensino, entidades preservadoras e tódalas as asociacións e
empresas que dalgún xeito forman parte dela.
Unha viaxe experimental rica e en evolución, a través da cal
os visitantes poderán coñecer e probar os videoxogos creados en Galicia e na
que o MUVI, xunto con videoxogo.gal, tende a man a empresas e persoas que
desexen aportar información e recursos.
Maior presenza de máquinas recreativas
No ámbito museÃstico, a Fundación Museo do Videoxogo anuncia
unha nova alianza co Museo Arcade
Vintage de Ibi (Alacante) formulando a primeira gran colaboración entre
museos de videoxogos de España.
A curto prazo esta colaboración culminará nun intercambio de
pezas entre ámbolos dous museos, reforzando a presenza do mundo das máquinas
recreativas (un dos alicerces do videoxogo) no MUVI, e do que o prestixioso
museo alacantino é un dos maiores expoñentes de Europa.
Inauguración o 10 de setembro
O sábado 10 de setembro ás 17:30 celebrarase un acto no novo
MUVI de Cangas, que marcará o inicio do horario regular do MUVI: os sábados de
16:30 a 20:00. Este acto inaugural contará coas intervencións de Galo MartÃnez,
presidente da Fundación MUVI; Anxo Lorenzo, secretario xeral de PolÃticas
Culturais da Xunta de Galicia; Luz Castro, presidenta de Videoxogo.gal; Aurora
Prieto, concelleira de Cultura do Concello de Cangas; e Jacobo MartÃnez, director
do Museo do Videoxogo.
Durante a tarde haberá un breve acto de música en directo
que de seguro será do agrado dos visitantes, entre os que se atoparán
diferentes personalidades do ámbito cultural e da industria galega do videoxogo
que xa confirmaron a súa presenza.
Ademais, a través dos fondos Subvencións dirixidas a
entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais, a
Deputación de Pontevedra posibilita unha exposición efémera e interactiva sobre
cine, que explora a relación entre ámbalas dúas industrias culturais ao longo
dos últimos 40 anos.
VÃdeo promocional do novo Museo do Videoxogo de Galicia