O novo NAS de UGREEN pode adquirirse por só 167,99 euros
venres, 17 de outubro do 2025
O ano pasado a marca UGREEN, coñecida principalmente pola comercialización de cables, cargadores e outros accesorios semellantes, sorprendeu entrando no mercado dos NAS (sistemas de almacenamento en rede), pero a súa distribución estaba limitada inicialmente aos mercados de EE.UU. e Alemaña, mentres maduraban o seu servizo de soporte e asà poder atender ás necesidades do mercado global.
Finalmente UGREEN está a alzarse como a grande marca para quen quere ter a súa propia nube persoal a un prezo axustado, aproveitando en boa medida a fuxida que está a padecer o fabricante Synology por mor dos seus cambios de polÃtica e prezos desproporcionados.
AÃnda que a liña de NAS de referencia da marca sexa a dos NASync DXP lanzada inicialmente en Kickstarter, agora rachan co mercado co UGREEN NASync DH2300, un NAS con capacidade para 2 discos SATA (o que permitirÃa almacenar ata 60 TB), que funciona cun procesador Rockchip RK3576 de 8 núcleos, 4 GB de RAM LPDDR4X, conexión Gigabit Ethernet, saÃda HDMI 4K e un consumo de apenas 10 watts, que ten un prezo sen competencia, xa que, aÃnda que estea listado a 209,99 euros, actualmente ofrécese a 188,99 euros e, co código de desconto EDMDH10 (válido ata o 9 de novembro) quedarÃa en só 167,99 euros (con gastos de envÃo de balde para España).
O UGREEN NASync DH2300 preséntase como un NAS simplificado, que funciona como almacenamento en liña para os nosos equipos informáticos e dispositivos móbiles para o almacenamento dos nosos documentos, as nosas fotografÃas e os nosos vÃdeos, coas vantaxes de velocidade e privacidade que ten traballar cunha nube local, fuxindo tamén cas cotas mensuais.
Este NAS non só permite gardar os arquivos, senón que tamén pode organizar os nosos álbums familiares mediante IA, aplicar recoñecemento de texto mediante OCR (o que poder resultar moi práctico para localizar documentos e recibos dixitalizados), e incluso permite ver os nosos vÃdeos directamente no televisor sen depender de servizos de streaming nin da velocidade do acceso á Rede.
O funcionamento deste dispositivo é moi doado (pode manexarse vÃa web ou a través dunha aplicación móbil), asà como tamén é sinxela a instalación das unidades de disco no seu interior. Deste xeito, quen desexe exercer a soberanÃa sobre os seus ficheiros, ten aquà unha opción cun prezo moi axustado e unhas prestacións bastante avanzadas que, aÃnda que non chegan ao nivel dos modelos DXP comentados antes, son dabondo para usuarios sen experiencia na administración dun NAS, polo que poderiamos estar ante todo un supervendas dentro desta categorÃa de produto.
VÃdeo promocional do novo NAS de UGREEN
