O novo Nokia 105 carece de 4G e USB-C
xoves, 4 de xullo do 2024
A recuperación dos deseños de móbiles clásicos da marca Nokia non deixa de sorprender, non sempre para ben, pois para suceder á revisión do Nokia 105 do ano pasado, que incluÃa conectividade 4G e unha baterÃa de 1.450 mAh, chega un novo Nokia 105 cun deseño menos redondeado, con conectividade 2G e unha baterÃa (agora extraÃble) de 1.000 mAh. De feito, este teléfono ten un deseño máis parecido ao dunha baterÃa externa que o dun teléfono, resultando difÃcil adiviñar cal pode ser o seu público obxectivo.
O novo Nokia 105 presume de deseño retro e resistencia (IP52), incorpora lanterna LED, radio FM e reprodutor de MP3 (conta con conector minijack e lector de tarxetas microSD de até 32 GB), a súa baterÃa extraÃble promete unha autonomÃa de até 14 horas de conversa e 18 dÃas en espera e, como dato máis rechamante, non estarÃa a carencia de 4G, senón que o seu porto de carga sexa micro-USB, ou sexa, que estamos ante un produto que non pode comercializarse en Europa.