O novo Plan galego de I+D+i 2025-2027 estará dotado con 1.310 millóns de euros
xoves, 10 de abril do 2025
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, compareceu esta mañá, a petición propia, ante a Comisión 4ª do Parlamento de Galicia para presentar o novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027. Cotelo definiu este plan como «a nova folla de ruta da Xunta de Galicia para a I+D+i nos vindeiros tres anos, cara a unha Galicia máis innovadora, creativa e competitiva, que aposta pola ciencia, a investigación e a innovación como ferramentas para construÃr o seu futuro».
Con máis de 1.310 millóns de euros de orzamento (un 20 % máis que o plan anterior), o documento contempla 165 actuacións organizadas en cinco programas verticais, catro eixes estratéxicos transversais (coñecidos como iniciativas de alto impacto) e un eixe base centrado na simplificación administrativa. Cotelo sinalou que se trata dun plan amplamente coordinado coas estratexias e mecanismos de financiamento tanto a nivel europeo como estatal, e que foi elaborado mediante un proceso participativo amplo.
A directora explicou que o novo plan mantén accións do seu predecesor que destacaron polos bos resultados, mais incorpora tamén novos instrumentos adaptados ás necesidades actuais do ecosistema galego de I+D+i. Entre as principais novidades, subliñou a aposta polas iniciativas de alto impacto (centradas en catro ámbitos estratéxicos para Galicia: biotecnoloxÃa, tecnoloxÃas profundas, tecnoloxÃas limpas e innovación impulsada pola demanda). Ademais, amplÃanse as medidas para atraer talento cientÃfico, como a creación da nova Fundación Galtia, e introdúcense novas accións para impulsar a transferencia e valorización do coñecemento (como a implementación do modelo venture building ou a posta en marcha dunha oficina piloto especializada en biotecnoloxÃa).
O plan tamén outorga un protagonismo destacado á innovación local, prevendo o apoio á posta en marcha de plans municipais de I+D+i. Estes serán ferramentas estratéxicas coas que os concellos poderán identificar retos concretos e deseñar solucións adaptadas ás súas necesidades, reforzando asà o seu papel dentro do ecosistema innovador galego e promovendo a colaboración co mesmo.