O novo Tomb Raider estrea trailer
luns, 6 de xuño do 2011

- No trailer podemos ver a nova aparencia que presenta Lara Croft no seu novo videoxogo
Co gallo da feira
de videoxogos E3 que terá lugar esta mesma semana Crystal Dynamics estreou
o trailer de Tomb Raider,
videoxogos que pretende reescribir a historia de Lara Croft para reanimar a súa
saga de xogos que supera os 14 anos.
Na nova aventura meterémonos na pel dunha Lara Croft con 21 anos e con pouca
experiencia, que en vez de andar na procura de tesouros arqueolóxicos deberá
sobrevivir a duras condicións tras o naufraxio do barco no que viaxaba.
O novo trailer non amosa realmente cómo será este videoxogo, senón que está
composto por escenas cinemáticas que nos introducen á súa historia, dando a
entender que estaremos ante un tÃtulo no que haberá que progresar
paulatinamente, para rematar cun personaxe coas habilidades ás que estamos
afeitos. Por desgraza aÃnda haberá que agardar ao outono de 2012 para ver este xogo que está a desenvolverse
para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.
Primeiro trailer do novo Tomb Raider
ACTUALIZACIÓN: Durante a conferencia de Microsoft do E3 puideron verse imaxes do xogo en acción:
