O novo droide de Star Wars inspira un xoguete controlable co smartphone
luns, 20 de abril do 2015
No
filme Star Wars: El Despertar de la
Fuerza fará acto de presenza nun novo droide que está a causar sensación,
BB-8, que durante a
semana pasada demostrou nunha convención en California que non estaba feito por
ordenador, senón que era unha auténtico robot animatrónico, o que foi
recibido con moito agrado, pois producións anteriores tiñan demostrado que
interactuar con elementos fÃsicos queda moito máis natural que con elementos
xerados por ordenador.
- Modificación dunha Sphero por parte de Christian Poulsen
En vista diso, o deseñador industrial Christian Poulsen púxose mans á obra, e colleu unha Sphero (coñecido xoguete con forma de esfera que pode controlarse a través do móbil), incorporoulle un imán para poder adherirlle unha cabeza e pintou o obxecto, conseguindo replicar o BB-8 en miniatura, o que captou bastante atención a nivel mundial e, curiosamente, parece que a propia Sphero estarÃa a traballar na produción dun xoguete BB-8 baseado no mesmo concepto, para o que xa teñen unha páxina web na que os usuarios poden indicar o seu interese para recibir información sobre o mesmo, e incluso houbo unha tenda de xoguetes en liña que terÃan publicado accidentalmente a ficha do produto, que terÃa un prezo de 149,99 dólares (139,63 euros) e chegarÃa ao mercado o 1 de setembro, con tempo dabondo para anticiparse á estrea do filme de Star Wars (que non chegará á pantalla grande até decembro).
- Aparencia que previsiblemente terá o xoguete de Sphero inspirado en BB-8
O BB-8 de Christian Poulsen visto en vÃdeo