O novo iPhone de 4 polgadas sería unha simple revisión do iPhone 5s

venres, 18 de marzo do 2016 Marcus Fernández

A semana que vén Apple realizará unha presentación na que espérase que, entre outros produtos, presente unha nova categoría de smartphone, o iPhone SE, que sería unha alternativa aos iPhone 6s e 6s Plus cun tamaño de pantalla inferior (4 polgadas) e o principal filtrador de toda esta información, Mark Gurman, desbota outros rumores insistindo en que o novo teléfono non terá a estética do iPhone 6, senón que presentará unha aparencia practicamente idéntica á do iPhone 5s. Deste xeito, os usuarios que buscan un smartphone pequeno e manexable continuarán a poder empregar un formato co que están cómodos, pero gozando con melloras propias dos terminais actuais.
Gurman asegura que o iPhone SE só distinguirase externamente do iPhone 5s nos seus bordes, que estarán lixeiramente curvados. Internamente contará cun procesador A9 con chip M9 para poder soportar o control mediante voz en calquera momento, estaría dotado con NFC para aceptar Apple Pay e incluiría unha cámara de 12 Mpíxeles con gravación de vídeo en 4K (e disparo de Live Photos). Chegaría nas mesmas cores que o iPhone 6s, pero as súas capacidades de almacenamento interno quedarían en 16 e 64 GB. Deste xeito temos que o rumoreado iPhone 6s mini sería realmente unha actualización do iPhone 5s, de aí que dentro de Apple o alcumen como iPhone 5se.

PUBLICIDADE