O novo podcast de Aquà faltan Páxinas porá o foco en MarÃa Pardo Trapote
luns, 23 de setembro do 2024
MarÃa Pardo Trapote, soprano de Teis que fixo carreira artÃstica nos Estados Unidos, será a protagonista este xoves 26 de setembro dunha nova entrega do programa de podcast da Deputación de Pontevedra Aquà faltan páxinas. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro que comezará ás 19:00 horas no Palacete das Mendoz a cargo de Pilar de Saa, sobriña neta de MarÃa Pardo Trapote, e de Marieta Lorenzo, musicóloga e investigadora.
O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra, irá acompañado dun podcast que estará dispoñÃbel nos vindeiros dÃas tanto no sitio web institucional como en Ivoox e Spotify, con testemuños recollidos durante o encontro deste xoves.
O faladoiro centrarase en MarÃa Pardo, nada o 13 de xaneiro de 1892 en Vigo. A súa nenez transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, en Teis, e Pontevedra, onde vivÃan os seus avós maternos. Pardo rematou os cursos de piano e canto con excelentes cualificacións e a partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artÃstica lÃrica, participando nun concurso a través do cal puido ampliar os seus estudos en Milán. Tras pasar por varios teatros de España e Portugal, en 1935 o seu nome aparece nun programa da Sinfónica de Boston, onde faleceu en 1965.
A segunda colección do programa Aquà faltan páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano. As accións deste ano tamén inclúen a historia de mulleres como as leiteiras de Pontevedra, a investigadora Inmaculada Paz Andrade, a escritora Avelina Valladares, a guerrilleira Placeres Castellanos, a fotógrafa Mary Quintero, as madriñas de Redondela, a artista Mercedes Ruibal, a raÃña Dona Urraca, a polÃtica e activista Urania Mella, a combatente MarÃa Araujo, ademais da soprano MarÃa Pardo.