O novo reloxo deportivo de Garmin integra reprodución musical sen fíos

mércores, 13 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O Garmin vivoactive 3 Music é un reloxo deportivo con GPS que deixa moi claro co seu nome súa principal novidade: permite levar no pulso a nosa música favorita (até 500 cancións) para poder reproducila durante os adestramentos (en combinación cuns auriculares Bluetooth). Amais, este reloxo tamén integra Garmin Pay, tecnoloxía que facilita a realización de pagamentos contactless sen ter que sacar a tarxeta bancaria da carteira ou o smartphone do peto.
Este reloxo deportivo incrementa en 30 euros o prezo fronte á versión sen música, de xeito que témolo dispoñible a 329,99 euros en distintas cores de correa e caixa. Só pesa 39 gramos, é resisten á auga (até 5 atmosferas), a súa pantalla ten un diámetro de 30,4 milímetros e unha resolución de 240 x 240 píxeles, a súa autonomía vai dende 7 días en modo smartwatch até 5 horas en modo GPS con música e tamén incorpora monitor de frecuencia cardíaca e termómetro. Integra numerosas aplicacións deportivas, aínda que tamén conta con aplicacións Connect IQ para gozar de funcións máis propias dun smartwatch (para saber o tempo que tardará en chegar o Uber que pedimos ou poder acender as lámpadas dun fogar conectado).
Un produto moi interesante para os que queren saír correr sen ter que cargar co smartphone para poder escoitar música.

O reloxo pode aproveitarse para realizar pagamentos contactless

Vídeo promocional do Garmin vivoactive 3 Music

PUBLICIDADE