O novo router Linksys WRT610N opera á vez nas bandas de 5 e 2,4 GHz
xoves, 3 de xullo do 2008Cisco vén de
incorporar ao seu catálogo de electrónica de consumo o router
Linksys WRT610N, que sorprende agradablemente por achegar
conexións Wi-Fi co estándar IEEE 802.11n nas bandas de 5 e 2,4 GHz
simultaneamente, de xeito que podemos combinar as altas velocidades
sen fÃos a corta distancia a través da banda de 5 GHz mentres conservamos a
compatibilidade cos vellos equipos que aÃnda funcionan a 2,4 GHz (o máis
habitual en redes Wi-Fi).
Este router tamén inclúe 4 portos Gigabit Ethernet e un porto USB para poder
compartir en rede unha impresora ou un disco duro USB. Tamén emprega tecnoloxÃa
MIMO para facer máis robustas as comunicacións sen fÃos, soporta tecnoloxÃas de
encriptación de ata 128 bits, conta cun firewall SPI que protexe de ataques
dende a Internet e incorpora un servidor multimedia para levar imaxes, música e
vÃdeo a dispositivos compatibles con UPnP (como a PS3).
O prezo deste router é de 179,99 dólares (114,56 euros) nos EE.UU., o que resulta bastante
axustado se tempos en conta todas as súas prestacións, xa que tirará proveito das
máximas velocidades que se acadan normalmente tanto por Ethernet coma por
Wi-Fi.