O novo smartpen de Livescribe permite rexistrar até 800 horas de apuntes

xoves, 30 de xullo do 2015 Marcus Fernández

A xente que aínda toma apuntes a man conta dende hai tempo cunha ferramenta de grande utilidade como son os bolígrafos conectados de Livescribe, que rexistran o que escribimos e debuxamos, para despois poder gardalo en formato dixital, incluíndo tamén unha gravación sonora para que ao repasar os apuntes poidamos recuperar algunha frase que non nos dese tempo a escribir en vivo. Esta experiencia definida como pencast pode agora mellorarse co novo Echo smartpen Pro Edition, versión renovada destes bolígrafos dixitalizadores que inclúe 8 GB de capacidade de almacenamento, de xeito que permitiría gravar até 800 horas que logo poderiamos sincronizar co nosos PC ou Mac.
Coa nova versión do software informático que acompaña a este smartpen será posible que poidamos escoitar un momento determinado dunha clase ou conferencia con só premer sobre a parte do papel na que esteamos interesados, xa que o texto e o audio están sincronizados, o que convértese nun xeito moi atractivo de repasar os nosos apuntes á hora de completalos ou pasalos a limpo.
Cómpre lembrar que esta tecnoloxía precisa para funcionar un papel pautado especial, do que inclúe 100 follas coa súa compra.

PUBLICIDADE