O novo smartwatch de Samsung ten unha autonomÃa de até máis de 80 horas
xoves, 9 de agosto do 2018
Acompañando a presentación do Galaxy Note9 amosouse tamén o
novo smartwatch de Samsung, o novo Samsung
Galaxy Watch, accesorio que busca sumar as funcións propias dun reloxo
conectado coa sensacións dun reloxo de pulso tradicional, con esferas, efectos de
iluminación e incluso un son de tictac
para que semelle que estamos ante un reloxo de
verdade, fai uso de correas tradicionais (de 22 e 20 milÃmetros en función
do tamaño da caixa) e véndese en cor prata cunha caixa de 46 milÃmetros e en
cor negra ou rosa dourada na versión de 42 milÃmetros.
En ambos casos pode adquirirse con conectividade Bluetooth ou con 4G, de xeito
que os usuarios que non queiran cargar co smartphone para empregar o smartwatch
poderán facelo, podendo recibir mensaxes e chamadas directamente no reloxo,
poder reproducir música en streaming
ou incluso empregar servizos de mapas para guiarnos ao noso destino.
Unha das grandes vantaxes deste reloxo fronte á competencia é que mellorou considerablemente
a súa autonomÃa, para poder superar as 80 horas de uso, evitando asà que haxa
que cargalo a diario. Aparte de poder substituÃr moitas das funcións do
smartphone (se o operador telefónico que teñamos ofrece tal servizo), tamén é
unha boa ferramenta para a monitorización de actividade, é resistente á auga,
pode empregarse para a realización de pagamentos contactless e incluso podo aproveitarse para interactuar coa domótica
doméstica.
O novo Galaxy Watch ten unha pantalla circular Super AMOLED de 1,3/1,2 polgadas
cunha resolución de 360 x 360 pÃxeles, baterÃa de 472/270 mAh, procesador
Exynos 9110 de dobre núcleo, sistema operativo Tizen, 1,5 GB de RAM no modelo
con LTE e 768 MB de RAM no modelo Bluetooth, 4 GB de almacenamento interno,
Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, NFC, GPS, carga sen fÃos, monitor de ritmo cardÃaco,
barómetro e compatibilidade con móbiles con Android 5.0 ou superior e con móbiles
con iOS a partires do iPhone 5.
- A versión con caixa de 42 milÃmetros é un modelo máis orientado ao público feminino (de aà que estea dispoñible en distintas cores) e é compatible con correas de 20 milÃmetros
Wireless Charger Duo
Anticipándose ao AirPower de Apple (produto do que aÃnda non hai data de lanzamento pese a terse anunciado hai preto dun ano) Samsung tamén porá á venda o seu Wireless Charger Duo, un cargador sen fÃos para dous dispositivos, que busca precisamente poder cargar á vez o smartphone e o smartwatch sen a necesidade de empregar os seus conectores de carga, destacando o feito de que o móbil colócase sobre unha peaña, de xeito que mentres se carga é posible ver vÃdeos ou ler mensaxes.