O novo xogo de James Bond adÃa o seu lanzamento un par de meses
martes, 23 de decembro do 2025
IO Interactive anunciou un adiamento de dous meses no lanzamento de 007 First Light, que finalmente chegará ao mercado o 27 de maio de 2026. A compañÃa xustifica a decisión na necesidade de dispor de máis tempo para pulir un proxecto que cualifica como o máis ambicioso da súa traxectoria. Esta espera non deberÃa facerse longa, xa que estamos ante un xogo que se desvelou hai medio ano, en contraste con tÃtulos que se anuncian con anos de antelación.
Segundo explicou o estudio danés (que tamén conta con oficinas en Barcelona), o equipo está totalmente centrado en ofrecer «unha experiencia James Bond inesquecible», que combine acción espectacular, viaxes internacionais, espionaxe, gadgets, persecucións en coche e outros elementos icónicos do universo do axente 007. Como desenvolvedora e editora independente, a empresa considera que este adiamento permitirá garantir que o xogo acade o nivel de calidade que os xogadores agardan desde o primeiro dÃa.
IO Interactive sinala que o tÃtulo xa é completamente xogable de principio a fin, polo que estes dous meses adicionais estarán dedicados a mellorar e refinar a experiencia global antes do lanzamento definitivo. A compañÃa amósase convencida de que este axuste no calendario contribuirá ao éxito a longo prazo do proxecto.
Desde o estudio agradecen a paciencia e o apoio da comunidade desde a presentación inicial do xogo e avanzan que compartirán novas actualizacións sobre 007 First Light a comezos de 2026.
