O novo xogo de Onimusha adianta o seu lanzamento
xoves, 2 de xullo do 2026
O feito de que en novembro vaia lanzarse Grand Theft Auto VI provoca todo un terremoto no calendario de lanzamentos de videoxogos, xa que ningunha compañía quere coincidir co lanzamento dun dos títulos máis importantes dos últimos dez anos, de xeito que moitos xogos non teñen outra que mudar os seus plans de comercialización, como Onimusha: Way of the Sword, que tiña previsto chegar ao mercado en consola o 24 de setembro e en PC dous días despois, e que finalmente chegará o 4 de setembro.
Este cambio na data de lanzamento non afecta ás versións para ordenador, PlayStation 5 e Xbox Series X|S, pero si para a versión dixital para Nintendo Switch 2, xa que o cambio de data provoca a cancelación automática da súa reserva, de xeito que os interesados en adquirir o xogo deben volver reservalo na Nintendo eShop.
Onimusha: Way of the Sword foi un dos xogos destacados no último Capcom Spotlight, e tamén cómpre salientar que os interesados no título poden comprobar en primeira persoa se está á altura das súas expectativas a través da versión de demostración dispoñible para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC (en Steam e na tenda de Epic Games).
Vídeo cos detalles desvelados do xogo no último Capcom Spotlight
