O novo xogo de Spider-Man sairá a finais de outubro

martes, 16 de setembro do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 81.1 KB

Nos últimos anos, especialmente por mor dos lanzamentos cinematográficos, apareceron no mercado distintos xogos de Spider-Man que non conseguiron satisfacer aos afeccionados do personaxe máis carismático de Marvel, pero o novo Spider-Man: Web of Shadows promete cambiar iso, e estrearse coma un título máis escuro do que estamos afeitos e cunha calidade gráfica e ambientación máis que notables, que chegará ás tendas o 21 de outubro, e que nalgún caso se poderá completar cun libro de ilustracións (cando menos na cadea de tendas norteamericana Best Buy).
Spider-Man: Web of Shadows sitúa a acción nunha New York invadida por simbiontes alieníxenas e non buscará un desenvolvemento lineal, senón que o propio usuario pode elixir se loitar contra o mal ou buscar o beneficio propio, non faltando moitos dos malvados aos que o lanzarredes se enfrontaba nas súas aventuras en papel.

PUBLICIDADE