O novo xogo de Star Wars terá versión para a plataforma móbil N-Gage

martes, 4 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Nokia, THQ Wireless, Lucasfilm e LucasArts anunciaron que o xogo Star Wars: The Force Unleashed terá versión para a nova plataforma de xogos móbiles de Nokia, N-Gage.
O xogo permite ó xogador converterse no aprendiz segredo de Darth Vader nunha historia situada entre os episodios III e IV da saga de Star Wars (ou sexa, entre as 2 triloxías) que tirará proveito os servizos N-Gage Arena, de xeito que permitirá a participación en torneos, compartir as nosas puntuacións e descargar contidos.


Trailer do xogo

Star Wars: The Force Unleashed estará desenvolvido por THQ Wireless, compañía con moita experiencia en xogos de Star Wars para o móbil, e este título posiblemente sexa un dos emblemas da plataforma N-Gage en 2008, pois se converterá nun dos produtos máis atractivos que permitan levar o universo creado por George Lucas na palma da man.

PUBLICIDADE