O pagamento móbil dos estacionamentos en zona azul en Compostela e A Coruña soportará comisións

venres, 16 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

JPEG - 75.4 KB
Mensaxe que os usuarios de e-park recibiron esta mañá

A aplicación móbil e-park permite usar o teléfono para pagar nos parquímetros da ORA sen ter que empregar moedas e coa grande vantaxe de non ter que volver ao automóbil para renovar o tique, que está presente en Galicia nas cidades de Santiago de Compostela e A Coruña, sorprenden aos seus clientes esta mañá remitíndolles unha comunicación na que advertía que da posta en funcionamento dun novo moedeiro electrónico asociado ao seu servizo chamado Kernel Pay, que comezará a empregarse o 26 de febreiro e «a partires desa data, Kernel Pay cargará na túa conta uns gastos de xestión, por cada recarga que realices, que poderán acadar o 10% do importe ingresado», o que os usuarios do aparcamento urbano en superficie ben como un auténtico abuso.
Dende e-park aseguran que «estes cambios son o mellor camiño para garantir a calidade do servizo», pero os usuarios non entende que tal cantidade teña que soportala o usuario final en vez do beneficiario dos pagamentos ou, cando menos, que a comisión sexa bastante máis reducida (como cando se paga cunha tarxeta bancaria).
Pero non estamos ante un caso illado, senón que esta medida responde a un acordo ao que chegaron Telpark, e-park e Parking.com, empresas que controlan case a totalidade do sector en España, que acordaron aplicar a polémica comisión por recarga.
A comisión por transferir saldo á aplicación de e-park está a verse por parte dos usuarios como unha suba indirecta do servizo da ORA, o que vén dun xeito moi crítico, xa que esta recarga irá a parar a unha empresa privada, de aí que nas plataformas sociais das empresas que cobrarán as mencionadas comisións están a xurdir moitos comentarios críticos.

PUBLICIDADE