O pai da Xbox One ficha por Zynga
luns, 1 de xullo do 2013

- Mark Pincus xunto a Don Mattrick
O fundador de Zynga, compañÃa de videoxogos detrás de
grandes éxitos como FarmVille, CityVille e Texas HoldEm Poker, Mark Pincus, comunicou hoxe un importante
cambio no liderado da súa empresa, pasando a ser o novo director
xeral Don Mattrick, quen actualmente ocupaba o posto de presidente da
división de lecer interactivo de Microsoft, ou sexa, o máximo responsable da
plataforma Xbox e da futura Xbox One, esperando que a experiencia de Mattrick
axude a reforzar a estratexia de Zynga, compañÃa que tras varios anos de grande
crecemento, está a vivir unha traumática reestruturación.
Pincus destaca que Mattrick liderou grandes proxectos no sector dos videoxogos
nos últimos 30 anos (en Microsoft, Electronic Arts e Distinctive Software),
estando considerado como un dos responsables de franquÃas como Need for Speed, FIFA e Los Sims; á vez
que conseguiu que a plataforma de xogo en rede Xbox LIVE pasase de 6 a 50
millóns de usuarios activos durante a súa dirección, logros que esperan que se
traduzan en futuros éxitos para Zynga, compañÃa á que se incorporará
efectivamente a semana que vén.
Esta nova sorprende hoxe por estar considerado Don Mattrick o pai da Xbox One, o que poderÃa indicar
que deixa o seu cargo actual en Microsoft tras a nefasta xestión da
presentación en sociedade da nova consola da compañÃa de Redmond, da que non
souberon comunicar ben as bondades do cambio da polÃtica de licenzas de xogos
para fomentar un maior aproveitamento da nube, o que finalmente levou a recuar en tal
polÃtica (volvendo ao modelo tradicional), tras un importante dano na imaxe
da futura Xbox One durante a feira E3, que rematou designando á PlayStation 4 como
consola favorita para a nova xeración simplemente por aproveitar as eivas da
consola de Microsoft durante a súa presentación. Dende Microsoft reaccionaron á nova da marcha de Mattrick agradecendo os seus anos de servizo.
