O pazo de Arenaza acolle este venres unha xornada de traballo en rede para xerar novas sinerxÃas entre empresas
xoves, 28 de setembro do 2023
O
pazo
de Arenaza acolle este venres 29 de setembro a xornada de traballo en
rede Conectando pemes, organizado coa colaboración da
Deputación da Coruña e Asociación de Empresarios Novos da Coruña
(AJE Coruña). A cita será ás 12.00 horas. Trátase dun evento de
networking que procura o establecemento de novos contactos
entre empresas. A primeira fase da sesión brindará a todos a
oportunidade de presentar ao resto o seu proxecto ou empresa nun
breve pitch.
A
continuación, as 25 persoas empresarias e emprendedoras de diversos
ámbitos profesionais compartirán varias mesas de networking.
A dinámica consistirá en que cada empresario/a contará con dous
minutos en cada mesa para presentarse e presentar a súa empresa aos
demais participantes e, unha vez transcorridos 10 minutos,
realizarase un cambio de mesa. De xeito que todas as persoas
asistentes charlen entre si.
Este
evento terá unha duración de dúas horas, de 12.00h a 14.00h, e
inscrición é gratuÃta e poderá formalizarse a través da web do
pazo.
Desde
o coworking do pazo de Arenaza, centro integrante da Rede
Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da
Coruña, trátase de fomentar as sinerxÃas entre pemes e propiciando
a xeración de novas ideas empresariais.