O portal Proxector achégase á enfermarÃa nunha ducia de vÃdeos
martes, 13 de maio do 2025
A nova entrega do portal Proxector, iniciativa de divulgación cientÃfica en lingua galega promovida polo Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Universidade de Santiago (USC), afonda neste mes de maio na axuda que nos ofrecen os profesionais da enfermarÃa.
Baixo o tÃtulo EnfermarÃa: a ciencia de saber coidar, a nova entrega de Proxector escola unha ducia de vÃdeos que nos achegan a biografÃa de tres mulleres galegas que foron pioneiras neste eido (Isabel Zendal, Elena López MourÃn e Ramona Vaamonde) máis unha selección de recursos didácticos e divulgativos que nos falan da enfermarÃa, tanto desde o punto de vista práctico como académico.
O CCG e a USC lembran que cada 12 de maio celébrase o DÃa Internacional da EnfermarÃa, en homenaxe ao dÃa en que naceu, en 1820, Florence Nightingale, considerada a fundadora da enfermarÃa moderna, polo seu labor asistencial na guerra de Crimea. Ao fÃo desta celebración, o especial deste mes de Proxector, escolma recursos cientÃficos de carácter divulgativo na nosa lingua. Entre eles, un vÃdeo de TED, traducido ao galego por Claudia RÃos, no que Carolyn Jones reivindica a importancia dos profesionais da enfermarÃa dentro do sistema sanitario. Amais, hai tres galegas destacadas no ámbito da enfermarÃa: a primeira delas é Isabel Zendal. Orixinaria de Ordes está considerada a primeira enfermeira da historia en participar nunha misión humanitaria internacional. Formou parte da Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812), dirixida polo doutor Francisco Xavier Balmis co obxectivo de levar a vacina da varÃola a América, tal e como conta Carmela Cela nun vÃdeo incluÃdo no especial.
A segunda é Elvira López MourÃn, orixinal de Láncara (Lugo), que formou parte do primeiro voo de carácter sanitario da historia de España, realizado o 1 de novembro de 1922 co obxectivo de socorrer os feridos da batalla de Tizzi Azza en Marrocos.
A terceira é Ramona Vaamonde (1907-1997), microbióloga e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a Guerra Civil o seu laboratorio convértese no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, onde se producen os fármacos para os soldados de guerra e nesta mesma etapa a nosa protagonista acada tamén o tÃtulo de enfermeira. En 1975 o seu papel foi decisivo na detección do virus do cólera en Santiago, evitando deste xeito unha epidemia.
No especial inclúense vÃdeos que nos falan de aspectos básicos da educación para a saúde no que respecta á nutrición; das nocións destacadas do sistema ABCDE que se emprega para a valoración inicial do paciente en situacións de emerxencia; das recomendacións para mobilizar, tanto activa como pasivamente; de realizar cambios posturais cos pacientes encamados; ou de consellos para o manexo avanzado de osixenación e ventilación dun paciente inconsciente. Hai tamén un par de audiovisuais para coñecer as diferentes opcións educativas para formarse nesta práctica (no Grao Medio en Coidados Auxiliares de EnfermarÃa e no grao superior en EnfermarÃa) ou como funciona a Academia de EnfermerÃa de Galicia.
