O portal Proxector presenta unha nova achega centrada na FÃsica cuántica
martes, 11 de novembro do 2025
Dende o Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Universidade de Santiago de Compostela (USC),veñen de presentar unha nova entrega de Proxector, unha iniciativa de divulgación en lingua galega titulada FÃsica cuántica: o enigmático mundo do pequeno, que conmemora dúas efemérides: o Ano Internacional da Ciencia e a TecnoloxÃa Cuántica e o XVI DÃa da Ciencia en Galego.
Indo a Proxector, esta proposta consta dunha ducia de vÃdeos que achegan unha viaxe divulgativa polo universo das partÃculas subatómicas e as tecnoloxÃas de vangarda que delas se derivan. A colección abrangue desde vÃdeos breves de divulgación ata conferencias completas impartidas por especialistas galegos do Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE) e doutras institucións. Entre as pezas salientamos: O mapa da fÃsica, unha animación que sintetiza os dominios fundamentais da disciplina; A gaivota dixo quark, unha divertida entrega do Dicionario da Ciencia de GCiencia; e as producións de TED Que é o principio de incerteza de Heisenberg? e O gato de Schrödinger, traducidas ao galego expresamente para este especial. Tamén forma parte da escolma O dÃa en que espiamos átomos mirando entre fendas, que explica o famoso experimento da dobre fenda, asà como Os ordenadores cuánticos non son como cres: son mellores, unha charla de Hartmut Neven (Google Quantum AI) que amosa o potencial da computación cuántica. Ademais, inclúense tres conferencias divulgativas de investigadores do IGFAE: O plasma de quarks e gluóns, O universo do diminuto e A gravidade (cuántica) nun holograma,que introducen as liñas máis avanzadas da investigación galega neste eido.
Completan a selección A natureza ondulatoria da luz, PartÃculas de longa vida e O estrambótico mundo cuántico, pezas que axudan a comprender a dualidade onda-partÃcula, o traballo experimental no CERN e a fascinante complexidade do microcosmos.
Que é Proxector: audiovisuais en galego para a docencia? Trátase dun espazo web adicado a recompilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias de bacharelato e de ensino universitario.
O proxecto orixinal foi deseñado polo Servizo de Normalización LingüÃstica da USC que nacÃa no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Engadir que os vÃdeos están clasificados segundo a súa temática, idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. Asemade, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso. Pódese acceder aos contidos a través da busca libre ou dos diferentes despregables, que permiten filtrar os resultados segundo os criterios de clasificación antes citados.
