O portátil Galaxy Book Flex α terá pantalla QLED e un prezo axustado

xoves, 2 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe o novo portátil Galaxy Book Flex α, unha variante do anterior Galaxy Book Flex, que ofrece unha grande autonomía, unha pantalla QLED inmersiva e un exquisito deseño a un prezo competitivo, perseguindo ofrecer nun ordenador portátil a flexibilidade e mobilidade dun smartphone.
O Galaxy Book Flex α vén a ser un ordenador 2-en-1 delgado (13,9 milímetros) e lixeiro (pesa só 1,19 quilos), cunha pantalla QLED Full HD de 13,3 polgadas e marcos moi reducidos, procesador Intel Core de 10ª xeración, 8/12 GB de RAM, 256 GB/512 GB/1 TB de SSD, Wi-Fi 6, lector de pegadas dixitais, 1 porto USB-C, 2 portos USB 3.0, HDMI, lector de microSD, toma para auriculares/micrófono, teclado retroiluminado, batería de 54 Wh (que achega unha batería de até 17,5 horas) e coa posibilidade de empregalo cun Active Pen (á venda por separado). Sairá á venda na primeira metade do ano e o seu prezo en EE.UU. partirá dos 829,99 dólares (743 euros).

JPEG - 76.3 KB
O Galaxy Book Flex α é un equipo 2-en-1

PUBLICIDADE