O posicionamento na Rede centra un novo seminario gratuÃto e online da Cámara de Santiago
mércores, 4 de setembro do 2024
A Cámara de Comercio de Santiago organiza a vindeira semana, o mércores 11, unha xornada sobre as metodoloxÃas das que podemos botar man para obter a máxima visualización na Rede. Trátase do seminario gratuÃto SEO: un paso cara ao éxito e a optimización web (aproveita o Kit Dixital), que se celebra online a partir das 10.00 horas e que, segundo informa a entidade cameral, ten o obxectivo de mostrar o funcionamento dos buscadores e algunhas estratexias crlave para mellorar o noso posicionamento web.
A sesión vai dirixida a pequenas e medianas empresas e persoas autónomas da demarcación territorial da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. A xornada comezará coa presentación da Oficina Acelera Peme da Cámara de Santiago (Kit Dixital de Red.es) e proseguirá abordando cuestións como o SEO, os buscadores e a indexación web, os conceptos claves da optimización SEO técnica, os contidos para posicionar a nosa web, as mellores estratexias SEO para acadar resultados locais e as metodoloxÃas de posicionamento off page. A sesión rematará cunha rolda de rogos e preguntas. A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Fernández, experto en procesos de transformación dixital e director de TecnoloxÃa en Vincuysis.
O seminario encádrase na actividade da Oficina Acelera Peme da Cámara de Santiago, iniciativa do Kit Dixital de Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da SecretarÃa de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, coa colaboración de Cámara de España, que teñen como obxectivo impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, micropemes e autónomos. As actuacións, están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos NextGenerationEU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025.