O prazo das axudas para a transformación dixital das prazas de abastos remata o 19
mércores, 7 de agosto do 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou as prazas de abastos de Bueu e Cangas para dar a coñecer a convocatoria de impulso aos Mercados Excelentes dotada cun orzamento de 1.280.000 euros. Recordou que este luns 19 de agosto remata o prazo para solicitar estas achegas da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración que buscan potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, apoiando medidas que contribúan á súa plena dixitalización activa. Podemos visualizar a convocatoria no DOG.
O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados. Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turÃstica.
Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, asà como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.
No marco das axudas a concellos, hai achegas tanto para os que xa conten co selo de excelencia, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aÃnda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultorÃa especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.
Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.