O prazo de inscrición de Nos tamén creamos! (Política Lingüística) estará aberto até o 29 de setembro
xoves, 21 de setembro do 2023
Co
inicio de curso vai
quecendo motores o programa Nós tamén creamos!, impulsado
pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxectivo de
“incrementar o uso do galego entre as xeracións máis novas” e
“fomentar a presenza do galego nos centros de educación Infantil e
Primaria a través da creatividade e da incorporación das TIC nas
aulas, máis en concreto, mediante a creación de curtametraxes en
galego cos técnica de stop motion”.
O
premio inclúe unha dotación de libros infantís en galego para cada
centro seleccionado, así como formación e asesoramento ao
profesorado para que poida realizar cos estudantes curtametraxes de
animación coa técnica de stop motion baseadas nos libros
proporcionados.
No
curso 2013-2014, o programa foi incluído no Plan Proxecta e ampliou
a formación docente, que pasou a ser anual, con parte presencial e
parte en rede, para os centros admitidos.
Desde
o ano lectivo 2011-2012, a SXPL convoca anualmente o concurso Nós
tamén creamos!, asociado ao programa, para centros de
titularidade pública. Establece tres categorías: Educación
Infantil, 1º e 2º de Primaria e 3º e 4º de Primaria.
Nós
tamén creamos! desenvólvese en colaboración coa Compañía de RTVG
e OQO Editora. As curtas premiadas publícanse no web da SXPL e no da
CRTVG.
Grazas
á colaboración coa CRTVG, estas curtas de animación poden verse na
aplicación Xabarín desta entidade e na sección infantil da
súa canle, o que, segundo informa a Secretaría Xeral, fai que medre
“o efecto positivo na promoción da lingua galega, que non se
restrinxe ao ámbito de cada centro senón que chega a un público
moito máis amplo, mesmo de fóra da Comunidade Autónoma”. Por
outra parte, o centro gañador na modalidade de 3º e 4º cursos de
primaria ten a posibilidade de participar no Festival de Cans.
No
curso 2022-2023 acordouse conceder no sucesivo un accésit, de ser o
caso, para cada categoría e, no 2023-204, ampliarase o número de
categorías cunha cuarta, para 5º e 6 de primaria.
O
prazo de inscrición no programa remata o 29 de setembro e pódese
facer a
través do Portal de Educación.