O prazo de presentación para o concurso Lingua de Amor remata o vindeiro día 15

mércores, 9 de maio do 2007 Marcus Fernández

O concurso de declaracións de amor en galego a través do correo electrónico, Lingua de Amor, promovido polo Consello da Xuventude de Galicia, rematará o vindeiro día 15, no que supón un acto máis de celebración do Día da Internet e das Letras Galegas.
Esta iniciativa tamén vén de estrear dominio de seu na Internet, de xeito que é máis doado dar con ela, o que resulta de interesa para tódolos namorados virtuais que se queiran facer cun lote de libros en galego, unha videocámara MiniDV Samsung VPB36, unha cámara fotográfica dixital Sanyo PSDCN912 ou un reprodutor MP4 Blusens 1027.
Apartires do vindeiro 1 de maio as románticas mensaxes remitidas ó concurso poderanse consultar na nova web, como claro exemplo de que o galego é unha boa ferramenta para a manifestación do amor.

PUBLICIDADE