O premios Dalle Like entregaranse o vindeiro 16 de maio no CÃrculo das Artes de Lugo
venres, 10 de abril do 2026
Este xoves presentáronse en Lugo os nomes dos nomeados aos premios Dalle Like Galinfuencers 2026, iniciativa que pretende recoñecer, amosar e celebrar o talento dos creadores de contido de Galicia que, a través das redes sociais, contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos.
A gala terá lugar o vindeiro 16 de maio no CÃrculo das Artes de Lugo, será aberta ao público xeral e estará ambientada nunha romarÃa tradicional, con actuacións de LucÃa Pérez e outros artistas internacionais, e postos gastronómicos.
O certame ten o apoio de institucións como a Deputación de Lugo, que achega 3.000 euros para o seu desenvolvemento e o seu impulso. Na presentación dos finalistas participou de feito o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
O certame tamén conta co apoio da SecretarÃa Xeral da Lingua que dirixe ValentÃn GarcÃa, e máis da ConsellerÃa de Medio Rural.
Como dixemos, os Premios Dalle Like, que veñen con 10 categorÃas, buscan recoñecer o talento galego no ámbito dixital e das redes sociais.
A gala de entrega destes galardóns celebrarase o 16 de maio no CÃrculo das Artes e reunirá a creadores de contido, proxectos dixitais e marcas galegas que destacan pola súa creatividade, impacto e capacidade de conectar coas novas audiencias.
