O programa Impulsa StartUp da Cámara da Coruña premia o proxecto Gamevitation
luns, 27 de outubro do 2025
Gamevitation foi finalmente o proxecto mellor valorado polo xurado do programa Impulsa Startup da Cámara da Coruña, un programa co que a entidade axuda a emprendedores cunha idea de negocio de alicerce tecnolóxico axudándolles a facer realidade os seus proxectos.
Impulsa Startup achega apoio e acompañamento, tanto na fase inicial do proxecto como no seu desenvolvemento, ata construÃr un Produto MÃnimo Viable (MVP) para testar en mercado. O programa consta de dúas fases que abranguen desde a maduración da idea de negocio ata a presentación a investidores. A primeira fase que finalizou, Crea e Medra, está destinada a emprendedores e emprendedoras cuxa idea de negocio sexa potencialmente escalable, é dicir, a tecnoloxÃa debe ter un papel protagonista no posterior crecemento e expansión da futura startup.
Os proxectos que participaron nesta primeira fase recibiron apoio dun titor ou titora da Cámara da Coruña que lles guiou por todo o proceso de formación, creación e validación da idea de negocio.
Asemade, recibiron formación e mentoring especializada por parte de expertos nas distintas áreas de posta en marcha dos proxectos.
Gamevitation (GVT) é unha proposta que transforma os convites tradicionais en experiencias interactivas e emocionais. Cadanseu convite é un minixogo personalizado que permite ás e aos usuarios revivir lembranzas, compartir emocións e conectar de xeito único cos seus convidados e convidadas. A personalización inclúe: ambientación, personaxes, obxectos coleccionables e contido multimedia. Recibiu unha axuda de 1.600 euros como apoio á consolidación do proxecto.
Cómpre engadir que durante o evento, presentáronse outro oito proxectos: Ana Barja. Orde e Creatividade (método personalizado de organización para particulares e empresas, con impacto en tempo, diñeiro e saúde mental); Battaglia (marca de moda feminina de alta gama e sustentable, cunha proposta inicial de prêt-à -porter e complementos); Edai (aplicación educativa baseada en IA para que nenos e nenas de primaria practiquen matemáticas e lingua); Galia Dixital (Solución dixital que achega a autónomos e pemes un informático propio sen necesidade de contratación interna); Livddans, Desing Your Move (plataforma para conectar, formar e empoderar a entusiastas do baile mediante tecnoloxÃa); Macafacética (marca persoal en redes sociais centrada en benestar creativo, beleza, ASMR, arte e esoterismo); PICEP (plataforma dixital con impacto social que impulsa o desenvolvemento de mulleres en imaxe persoal, comunicación e emprendemento); RumboGuÃa (proxecto de actividades fÃsicas na natureza con CRM e futura plataforma en liña).
A segunda fase, Despega, cuxa convocatoria xa está aberta, destinarase a proxectos que teñan un Produto MÃnimo Viable (MVP) ou un prototipo testado no mercado, que poderán comezar a desenvolver.
O emprendedor ou emprendedora beneficiarase de sesións de mentoring personalizadas con expertos en materias adaptadas ás necesidades de cada empresa emerxente. A partir de aÃ, comezará a prospección de financiamento e a procura de investidores, amais de fixar un plan de crecemento que incluirá unha estratexia de marca. Deste xeito, axudarase ás persoas emprendedoras na preparación e presentación do proxecto a mentores e investidores.
O Programa Impulsa Startup está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa de Educación e Formación, Emprego e EconomÃa Social 2021-2027.
