O programa Mellor acompañados achegará as tecnoloxías ás persoas maiores de Baiona

xoves, 18 de xaneiro do 2024 S. P.

O Concello de Baiona e a Fundación Amigos de Galicia poñen en marcha no municipio pontevedrés o programa Mellor acompañados, co obxectivo de fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.
Inclúe catro formacións de 2.30 horas sobre as máquinas de quendas, a aplicación móbil do SERGAS (Servizo Galego de Saúde), o caixeiro automático ou o teléfono móbil.
O programa desenvolverase os martes de febreiro (6, 13, 20 e 27 de febreiro) de 10.00 a 12.30 horas no Centro Multiusos Ángel Bedriñana situada na rúa Carabela Pinta.
As veciñas e veciños de máis de 65 anos interesados en participar deben inscribirse no departamento de servizos sociais do Concello de Baiona ou chamar ao 986 38 59 26 en horario de (9H-14H).
A Concellería de Política Social do Concello de Baiona en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, van poñer en marcha esta iniciativa que ten o obxectivo de “proporcionar formación dixital e atención psicolóxica ás persoas maiores en situación de soidade, apoiando o seu envellecemento activo, así como o seu sociabilización”. A finalidade, ademais, é fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.

PUBLICIDADE