O programa de emprego de Dodro, Padrón, Rois e Rianxo pon o foco nas competencias dixitais
venres, 30 de setembro do 2022
O
Programa
Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón en Rois
2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego
e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego
Estatal (SEPE), segue nesta recta final de setembro coa súa
actividade de formación e capacitación tecnolóxica. O programa,
que está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial
comprendido polos ditos municipios (inscritas como demandantes de
emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia), ten como
finalidade a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a
través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa
inserción no mercado laboral.
Ademais
das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral
que se están facendo a diario, estes días de setembro realizáronse
ou están en marcha as seguintes accións formativas co obxectivo de
mellorar os currículos e a empregabilidade das persoas usuarias:
-Taller
de coaching, intelixencia emocional e motivación para o
emprego, os días 21, 22 e 23 de setembro.
-Curso
de competencias dixitais para o emprego. Dende o 26 até o 30 de
setembro.
Obxectivos
concretos
Os
obxectivos concretos desta iniciativa dos catro concellos pasan por
“mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos/as
participantes a través da combinación de actuacións de
información, orientación e asesoramento, formación para o emprego,
obradoiros de coaching e intelixencia emocional, obradoiros
de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de
intermediación con empresas, realización de prácticas non laborais
e fomento do emprendemento”.
O
programa ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do
37% das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores
e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias
alimentarias, fabricación mecánica e téxtil. Os beneficiarios do
programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás
accións do programa.