O programa de emprego xuvenil de Boiro, A Pobra e Rianxo organiza unha xornada sobre ciberseguridade e retos IA
xoves, 28 de agosto do 2025
O Programa de Emprego Xuventude I que levan a cabo de forma conxunta os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra, organiza unha xornada formativa en ciberseguridade na empresa e os retos ante a implantación da IA (Intelixencia Artificial). A xornada será aberta ao público e terá lugar o xoves 4 de setembro no salón de actos do auditorio de Rianxo.
A primeira das intervencións será ás 10.00 horas e tratará sobre Ciberseguridade na empresa e será impartida por José Antonio Resúa, técnico informático do Concello de Boiro e experto en tecnoloxÃas e servizos de protección tecnolóxica. Logo dun descanso celebrarase o segundo relatorio, que porá o foco nos Retos da empresa/economÃa ante a implantación da IA e será impartido por Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor titular da Facultade de CC PolÃticas da USC.
O Programa de Emprego Xuventude I é un programa mixto de emprego e formación promovido polo Concello de Boiro xunto cos Concellos de Rianxo e A Pobra que está co-financiado pola ConsellerÃa e Emprego, Comercio e Emigración e a Unión Europea a través do mecanismo FSE+. Está dirixido a persoas de 18 a 30 anos cuxa finalidade é facilitar a inserción laboral de persoas mozas desempregadas por medio da súa cualificación profesional.
