O programa de igualdade Conectadas achega 200 accións formativas que poñen o foco nas TIC

luns, 19 de xuño do 2023 S. P.

A sexta edición do programa Conectadas, co que a Deputación de Pontevedra quere promover a participación das mulleres e as relacións interpersoais en igualdade vén de anunciar máis de 200 accións formativas, das que se benefician 219 entidades sociais de 53 concellos da provincia.
Asemade, outro dos obxectivos destas accións é contribuír á mellora da improbabilidade e mantemento no mercado de traballo das mulleres, superar os malestares derivados das desigualdades de xénero e reducir a fenda dixital co emprego de novas tecnoloxías.
As entidades beneficiarias puideron escoller entre os 30 obradoiros ofertados dentro de cinco bloques temáticos: Emprende, iniciativas sustentábeis para o emprego (Como crear a túa propia empresa. Deseño dun plan de negocio; Administradoras de redes sociais; Comercio electrónico; Asesoría laboral e fiscal; Marcando o teu rumbo. Apoderamento e liderado; e Actívate na busca de emprego); ExpresARTE (Pintura; Teatro; Encontro con lectoras: animación á lectura, narración e poesía; Iniciación ao patchwork; Iniciación ao scrapbooking e Artesanía en coiro), Conéctate (Albafetización Dixital I e II; Socializándose coas redes e Administración electrónica), Sementa sostibilidade (Poda e tarefas do campo desde a sostibilidade; Xardinaría e Horta ecolóxica) e O teu momento. Coidado e benestar (Ioga; Pilares; Taichí; Ximnasia hipopresiva; Sendeirismo; Menopausa de forma saudábel; Coidar coidándonos; Relaxación e manexo do estrés: momentos en calma; Musicoterapia; Risoterapia e Obradoiro de mindfulness).
Os 219 colectivos pertencen a 53 concellos: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Salceda, Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.